A reunión chega despois de que os gandeiros galegos demostrasen o seu músculo cunha histórica folga de entregas os pasados 27 e 28 de novembro que levou primeiro a acadar un principio de acordo coa conselleira de Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, e que agora agardan que se ratifique na xuntanza co presidente do Goberno galego.
Os gandeiros galegos reciben o prezo máis baixo de España polo leite e este non cobre os custos de produción, o cal choca con datos como o peso do noso sector lácteo, que distribúe o 38% dos 17,3 millóns de litros que se entregan a diario en España. Agora agardan que esta situación de desvantaxe e desigualdade co resto de produtores do Estado e da Unión Europea se poda solucionar cun contrato obrigatorio que suprima as diferenzas de prezo que se pagan polo leite e que se lexisle e pene a compra do leite por baixo do custo de produción.
No hay comentarios:
Publicar un comentario