viernes, 26 de octubre de 2012
Máis de 3.000 desafiuzamentos en seis meses
En Galicia producíronse máis de 3.000 desafiuzamentos no que vai de ano, o triplo que no mesmo período de 2011. As provincias máis afectadas durante o primeiro semestre do ano son Pontevedra (1.257 desafiuzamentos) e A Coruña (1.168), seguidas de Lugo (326) e Ourense (286).
Son os datos do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ). Uns datos que sinalan que máis de 11 familias perden a súa casa cada día en Galicia. Unhas elevadas cifras, preocupantes, cando o pasado ano o número total de execucións hipotecarias que se contabilizaron en Galicia foron 2.003, é dicir 5,4 ao día e mil menos que na metade deste ano.
As cifras
E iso xa cando entre 2007 e 2011 as execucións hipotecarias aumentaron en Galicia un 185,7%, ao pasar de 701 a 2.003. Un total de 8.068 rexistráronse nese período (máis de 315.000 no Estado), no que Pontevedra, con 3.403, foi a provincia con máis desafiuzamentos.
Unha situación que xa fixo intervir a sindicatos galegos, asociacións veciñais, ONG e afectados. Entre uns e outros puxeron en marcha unha campaña de recollida de sinaturas para presentar unha iniciativa lexislativa popular (ILP) no Congreso cunha tripla finalidade: reclamar a regulación da dación en pago, paralizar os desafiuzamentos e fomentar o aluguer social.
Suicidios
A situación é tan drástica que xa hai propietarios que prefiren o suicidio. Así aconteceu nas últimas horas en Burjassot (Valencia) en en Granada. Na primeira localidade un home permanece moi grave logo de tirarse do balcón da vivenda da que ía ser desafiuzado. En Granada, o propietario doutra vivenda que ía ser desafiuzada apareceu morto cando chegou a Policía.
Noticia completa: http://galiciaconfidencial.com/nova/11996.html?utm_source=dlvr.it&utm_medium=twitter
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario