lunes, 14 de enero de 2013

O estudantado galego erguerase o 6 de febreiro contra a 'Lei da Wertgoña'

Séntense "afogados" e vai haber resposta. A primeira acción avecíñase multitudinaria. Nunha rolda de imprensa conxunta, as organizacións estudantís nacionalistas Comités e Liga veñen de marcar para o día 6 de febreiro máis unha xornada de folga no ensino medio e universitario para se revolveren contra a LOMCE, a "mal chamada" lei de mellora da calidade educativa e que foi bautizada nas redes sociais como a 'lei da Wertgoña'.



A mobilización chega após outras dúas xa realizadas en xuño e outubro de 2012, e que xuntaron, respectivamente, máis de 10 mil e máis de 15 mil estudantes nas rúas da Galiza.

Os voceiros destes dous colectivos, Daniel Candal (Comités) e Anxo Teixeiro (Liga) reiteraron a súa concepción desta norma imposta desde Madrid como un "golpe de estado" contra o ensino público que fai deste "un factor de promoción da competitividade económica", dos centros educativos "empresas practicamente privadas", do estudantado "man de obra barata" e do persoal docente "peóns ao servizo dunha cadea de produción".

Por certo que o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, aproveitou esta segunda feira a súa comparecencia parlamentar para presentar os Orzamentos de 2013 para deixar no tellado das universidades unha pelota quente: ou recortan os salarios do profesorado ou despiden docentes.

Noticia completa: http://www.sermosgaliza.com/artigo/social/o-estudantado-galego-erguerase-o-6-de-febreiro-contra-a-lei-da-wertgona/20130114132657009529.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario