lunes, 14 de enero de 2013

Comisión asemblear coordinará o proceso constituínte da organización que substituirá a Causa Galiza

A finais de novembro pasado, Causa Galiza anunciaba o inicio dun proceso polo cal nos vindeiros meses procedería a transformarse "nunha organización independentista e socialista, de ámbito nacional, asemblear, con vocación de masas e rumada á loita de masas, ideolóxica e institucional", finiquitando así o que se viña definindo como 'iniciativa popular pola autodeterminación'. Desde entón e até o de agora viñéronse sucedendo asembleas en diferentes comarcas do país, para alén de contactos a nivel persoal. Todo iso co obxectivo de "desenvolver un proceso “con luz e taquígrafos”, con transparencia, sen axendas pechadas e favorecendo a máxima participación como mellor evidencia de que estamos ante algo substancialmente distinto a experiencias anteriores".


"Estamos ante algo substancialmente distinto a experiencias anteriores", sinalan @s promotores do proceso

Se ben aínda continúan as asembleas por comarcas, as persoas encargadas da promoción do proceso anuncian que esta fin de semana procederán a conformar a Comisión Nacional de Coordenación (CNC), que terá como finalidade "pilotar a construción do novo proxecto e definir os calendarios, as metodoloxías e os contidos da dinámica de debates abertos que se iniciará co horizonte do proceso constituinte".

Clarificar a política de alianzas e estratexia independentista

"Queremos dotar a reivindicación da independencia e o socialismo dun proxecto político amplo, ilusionante e capaz de materializar unha prática efectiva nesta dirección", teñen afirmado desde Causa Galiza. 

Como dúas das tarefas a resolver neste proceso constituínte, e para alén do modelo organizativo, os e as impulsoras sinalan dous aspectos: Clarificar a política de alianzas no campo nacionalista e cal vai ser a estratexia independentista para os vindeiros anos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario