domingo, 13 de enero de 2013

Os sindicatos galegos apoian o boicot a Israel


“O brutal asedio de Israel a Gaza representa hoxe a máis crítica e urxente de todas as inxustizas israelís contra o pobo palestino que se manifesta en forma de innumerábeis violacións aos Dereitos Humanos e o Dereito Internacional Humanitario”. Após lembrar as palabras de Nelson Mandela, deste xeito comeza o manifesto asinado polas centrais sindicais da Galiza en apoio á campaña mundial Boicot, Desinvestimentos e Sancións (BDS).


Inspirada nas accións que se levaron a cabo contra o apartheid sudafricano, a iniciativa quere “acabar coa ocupación colonial e o apartheid en Palestina e cargar a Israel coa súa responsabilidade ante o dereito internacional na procura dunha paz xusta” e traballa co boicot activo nos “investimentos nas empresas que se benefician da ocupación ou da negación dos dereitos da poboación refuxiada”.



Esta medida realízase após o fracaso doutras que se tomaron a nivel internacional. Os sindicatos galegos comprométense a “denunciar publicamente a todas aquelas institucións e empresas galega que nas súas actuacións antepoñan intereses económicos, políticos ou doutra índole aos dereitos do pobo palestino e colaboren ou lexitimen coa ocupación colonial de Palestina”.

Noticia completa: http://www.sermosgaliza.com/artigo/social/os-sindicatos-galegos-apoian-o-boicot-a-israel/20130113112756009478.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario