domingo, 13 de enero de 2013

"Internet pode inspirar unha nova política á altura da complexidade do noso mundo"


Margarita Padilla pertence a esa escasa minoría de mulleres que crea e mantén sistemas, e gústalle dicir que traballa "facendo Internet". Sempre xunto a outros e outras, dispérsase entre soster Dabne, a súa empresa cooperativa dedicada a facer a web con software libre; pensar que raios é "o mercado", atendendo a súa tenda de SofwareAlPeso no mercado de San Fernando, dedicada a apoiar o uso de software libre e a reciclar computadores; facer amizades coas que pensar o mundo, organizando Login_presenciais;
practicar a "filosofía de garaxe" facendo radio en Una línea sobre el mar; atender ás súas familias e gozar delas, ou pensar que é loitar, despois de que te derrotasen. En decembro de 2012 publicou El kit de la lucha en Internet.


Na introdución ao libro que acabas de publicar, afirmas con rotundidade que "toda persoa ou grupo que loite pola transformación social ten a obriga de comprender a especificidade de Internet no que a procesos sociais se refire, xa que esta especificidade desborda o técnico e contamina o social", como se xustifica esa "obriga"?

Creo que Internet pode inspirar unha nova política á altura da complexidade do mundo en que vivimos. Axudarnos a saír deste impasse.

A que impasse te refires?

Por unha banda, temos a política dos políticos que segue o código goberno-oposición (coa cidadanía como espectadora). Ese código non está feito para solucionar ningún dos problemas que temos como sociedade. Máis ben ao contrario. O seu obxectivo por riba de todo é o control e o poder. Os problemas son só pretextos para atacar ao outro e porme eu. A complexidade e magnitude das cuestións ás que nos enfrontamos (desde a crise económica até a crise ambiental) require unha implicación activa do 99%. Non estar todos de acordo ou unidos, pero si activos e cooperando. Iso é imposible nunha política dividida en partidos que seleccionan da realidade só o que lles interesa e prexudica ao contrario, no curto prazo dos catros anos dunha lexislatura. Necesitamos outra lóxica, outra cultura política.

Entrevista completa: http://praza.com/movementos-sociais/3274/internet-pode-inspirar-unha-nova-politica-a-altura-da-complexidade-do-noso-mundo/


No hay comentarios:

Publicar un comentario