miércoles, 26 de diciembre de 2012
Novagalicia transfírelle máis de 5.000 millóns de ladrillo 'tóxico' ao banco malo
As alegrías inmobiliarias das antigas caixas de aforro galegas xa teñen prezo. A entidade que asumiu o negocio financeiro de Novacaixagalicia, Novagalicia Banco, vénlle de comunicar á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV) que xa cumpriu coa obriga de transferirlle os seus activos inmobiliarios tóxicos á Sociedade de Gestión de Activos Procedentes de la Reestructuración Bancaria (Sareb), isto é, ao banco malo creado polo Estado. Segundo figura nesa comunicación, o "importe" da transmisión é de 5.096.904.194 euros.
Atendendo ao comunicado emitido por NCG Banco, S.A., este contrato "ten como data de efectos o 31 de decembro" e o banco malo vai "satisfacer" o prezo "mediante a entrega de valores de renda fixa" que "contarán coa garantía irrevogable do Estado español". O traspaso de activos inmobiliarios aféctalle tanto a Novagalicia como a "aquelas sociedades participadas polo mesmo afectadas" polo "deber legal" de reestruturarse, proceso que deixa a entidade galega ao bordo da venda.
Noticia completa: http://praza.com/economia/3129/novagalicia-transfirelle-mais-de-5000-millons-de-ladrillo-toxico-ao-banco-malo/
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario