sábado, 3 de noviembre de 2012

Unha ducia de cargos públicos de Lugo imputados por levantar multas

A trama que levantaba multas de tráfico na Provincia de Lugo suma xa 92 imputados. Así o confirma un novo auto da xuíza de Lugo Estela San José, que engade a condición de imputados a 14 persoas máis.

A trama das multas foi á que despois deu pé á Operación Carioca, sobre prostitución e branqueo, que levou até a Operación Campeón, de corrupción e pago de subornos, e finalmente á Operación Pokemon, tamén de corrupción e pago de comisións.

Na trama das multas están imputados o ex-subdelegado do Goberno Jesús Otero Calvo (PSOE), tres alcaldes que conservan o seu cargo (cuxa identidade non trascendeu), tres ex-alcaldes e varios delegados provinciais da Xunta. Estes cargos públicos e ex-altos cargos públicos foron nomeados por administracións gobernadas polo PSOE e o PP.

Jesús Otero, subdelegado do Goberno en Lugo, responderá por tráfico de influencias. Julio González, ex-xefe de Tráfico na provincia, terá que dar explicacións polos delitos de tráfico de influencias, falsidade documental e prevaricación administrativa. O auto sitúa a estas dúas persoas no alto dunha trama que lograba que se "sobreseesen na Xefatura Provincial de Tráfico expedientes sancionadores de xeito irregular". Otero encargabase presuntamente de recibir encargas "VIP", de persoas con influencia política e logo mandaba parar as sancións. O subdelegado tamén está relacionado coa Operación Campeón, pois é un dos cargos públicos, incluído un xuíz de Lugo e un ex-conselleiro da Xunta, que figura na lista de socios do club Aktion & Klasse, montado presuntamente polo empresario Jorge Dorribo para lograr favores.

No hay comentarios:

Publicar un comentario