sábado, 3 de noviembre de 2012

A reforma do Código Penal impulsada polo PP criminaliza as mobilizacións sociais

As mobilizacións cidadás poden deixar de ser un dereito para pasar ser un delito, por moi pacíficas que transcurran. O goberno de Mariano Rajoy impulsa unha reforma do Código Penal que, a xuizo de colectivos de dereitos civís e xuristas, conleva unha "criminalización desproporcionada" das protestas das cidadanía.

En base á proposta do ministro de Xustiza, Ruíz Gallardón, pasarase a criminalizar actividades que até o de agora non ran consideradas delito (senón falta), como ocupación simbólica e pacífica de entidades bancarias, o encadeamento para evitaren desfiuzamentos ou convocar manifestacións a través das redes sociais en determinados supostos.

A normativa penal máis dura de Europa

Mesmo desde Jueces para la Democracia (JpD) afirmouse que a combinación dos recortes sociais coa aprobación da normativa penal máis dura de Europa permite falar de que o estado español pasa de un "Estado social a un Estado penal".

De igual xeito, asociacións de avogados e colectivos de diverso tipo --desde o 15M, sindicatos até de defensa dos dereitos civís, consideran que o anteproxecto pretende criminalizar actividades que até o de agora non eran consideradas delito e que son medidas "para criminalizar a protesta social", "desproporcionadas", e que non deberían estar incluidas nun Código Penal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario