jueves, 15 de noviembre de 2012

14N Folga Xeral!


A chegada do PP ao Goberno trouxo consigo o maior destrozo do Estado de benestar da historia. Mariano Rajoy fixo durísimos recortes en servizos públicos, cultura ou cooperación e subiu os impostos. A reforma laboral que abarata os despidos levou a tasa do paro a máximos históricos mentres a cobertura social é cada vez menor (documentos internos do PP sobre a folga xeral: http://www.eldiario.es/escolar/Documento-argumentos-internos-PP-general_6_69003102.html)

Recortes en educación, sanidade, ciencia e investigación, cultura, os desafiuzamentos, o paro en aumento... (10 motivos para unha folga xeral)

Esta folga non está sendo seguida solo en España senón que tamén en Portugal e tamén hai manifestacións por toda Europa. (Toda a información sobre as folgas polo resto de Europa aquí: http://actualidad.rt.com/actualidad/view/78415-directo-superhuelga-avanza-europa


(Manifestante con unha pancarta en París)


(Cargas policiais en Londres)


(Manifestantes londinenses)


(Cargas policiais en Italia)

Centrándonos en España, que é o que nos incumbe directamente, atopámonos co seguinte: O seguimento medio da folga xeral está sendo do 76,7% dos asalariados do sector público e privado, un total de 9,1 millóns dos 11,9 millóns de traballadores chamados ao paro unha vez descontados os servizos mínimos, según datos provisionais aportados por CCOO, UGT e USO.





As cifras desagregadas por sectores mostran que os sectores nos que menos se está secundando o paro xeral no sector privado son o financeiro (41%), as comunicacións (55%), o comercio (68%) e a hostalería (68%), fronte ao paro practicamente total, de ata o 95%, na agricultura, ganadeiría e pesca ou a industria, a enerxía e a construción. En metade de estas horquillas, atópanse os servizos postais (85%), as actividades inmobiliarias, administrativas, de limpeza e seguridade (80%) ou as artísticas e o servizo doméstico (79%).

Por outro lado, o seguimento na Administración está sendo do 66%, con especial incidencia na administración local (75%) e na educación (75%), que inclúe tamén a educación privada. No caso da Administración Central, están secundando o paro o 52% dos traballadores, con menor intensidade que na sanidade e os servizos sociais (56%) e a administración autonómica (62%).

Por comunidades autónomas, Cataluña, Asturias e Galiza, son as que máis pararon nesta xornada de folga xeral, con un seguimento medio do 85% dos asalariados. Séguenlles, Andalucía (80%), Cantabria (79%), Madrid (78%), Comunidad Valenciana (78%), Aragón (75%), Castilla y León (75%) e Castilla-La Mancha, Extremadura, Murcia, La Rioja e Navarra, todas elas cunha porcentaxe do 70%. Completan a lista, Baleares e Canarias, cun 68%, e Euskadi, cun 51%. 


(Manifestación en Vigo)


Durante a xornada houbo numerosos incidentes como o de este rapaz de 13 anos en Tarragona ao que un Mosso d'Esquadra lle bateu na cabeza causándolle esta brutal ferida ao menor. 


Tamén houbo numerosas cargas policiais alleas á do menor e máis de 80 detencións.


(Cargas policiais)


(Policias detendo a un manifestante)




























(Antidisturbio empuxando polas escaleiras a unha moza que se estaba manifestando)






Houbo denuncias de policías infiltrados na manifestación que novamente incitaron aos manifestantes á violencia. 




Deixáronse as luces públicas acesas para así modificar os datos de consumo de electricidade. (Ver a noticia neste enlace: http://www.eldiario.es/politica/Farolas-encendidas-ciudades-espanolas-general_0_68943452.html)

No congreso houbo tamén quen apoiou as movilizacións


Agora os manifestantes dirixidos polo 25S dispóñense a ir ata o congreso para seguir ahí a súa protesta tras rematar con máis cargas e batallas campais entre policias e manifestantes (http://www.lavanguardia.com/politica/huelga-general/20121114/54355216010/batalla-campal-barcelona-final-huelga-general.html)

Para rematar, deixámosvos con unha serie fotos desta folga xeral que tivo lugar hoxe 14 de novembro.
















No hay comentarios:

Publicar un comentario