viernes, 2 de noviembre de 2012

O detido pola súa implicación con RG ingresa en prisión


O presunto membro do aparello de financiamento da organización terrorista Resistencia Galega Xulio C.S.S. detido na noite do luns en Ferrol (A Coruña) ingresou este xoves en prisión.

Segundo informan fontes policiais, ao detido imputanselle actividades relacionadas co financiamento do grupo terrorista xa que atoparon na súa casa un computador no que gardaba a contabilidade de Resistencia Galega. "Xulio" negouse a declarar esta mañá ante o xuíz da Audiencia Nacional Eloy Velasco.

Pola súa banda, a outra arrestada na operación, Silvia María Casal Sabín, compañeira sentimental de X.C.S.S. si prestou declaración ante Velasco, aínda que negou calquera vinculación coa organización, polo que continúa imputada por colaboración a pesar de quedar en liberdade sen fianza.

Noticia completa: http://galiciaconfidencial.com/nova/12059.html?utm_source=dlvr.it&utm_medium=twitter

No hay comentarios:

Publicar un comentario