viernes, 2 de noviembre de 2012
A economía solidaria move o crédito que as entidades capitalistas reteñen
Toda decisión económica é unha decisión ética. Este é o principal argumento da banca que non é especulativa senón solidaria. O lector, a lectora, preguntarase se hai seica unha banca que non preste diñeiro hoxe para recibir máis diñeiro mañá. Tamén se preguntará se existe algunha solidariedade neste sistema que non sexa a que se teñen entre si os banqueiros.
“Se os investimentos son transparentes, os obxectivos son éticos, os fins son sociais, a xestión do banco é democrática e hai unha preocupación social e ecolóxica, entón falamos de economía solidaria”, explican desde a Xarxa d'Economia Solidària (XES), unha rede de organizacións e cooperativas catalás de consumo, produción, intercambio, comercialización e financiamento co obxectivo de construír unha economía sustentable para o desenvolvemento persoal, social e ambiental. Isto non é teórico. Esta economía está a construírse, aínda que é posible que os grandes valos publicitarios dos bancos, os logos nos aleróns dos coches de carreiras ou os fondos europeos de rescate á banca non nos deixen velo.
Noticia completa: http://praza.com/economia/2554/a-economia-solidaria-move-o-credito-que-as-entidades-capitalistas-retenen/
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario