viernes, 9 de noviembre de 2012

Feijóo métese de cheo na campaña catalá


Algúns 'baróns' autonómicos do PP implicaranse na campaña para as eleccións autonómicas do próximo 25 de novembro e prevén viaxar a esta comunidade para participar nalgúns actos de partido nas casas rexionais de Cataluña, segundo informaron fontes 'populares'. En concreto, está previsto que o líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, participe nun acto este domingo.

A dirección nacional dos 'populares' xa ten confirmado que arroupen en campaña á candidata do PP á Generalitat, Alicia Sánchez-Camacho, o presidente da Xunta este domingo; o presidente de Murcia, Ramón Luís Valcárcel; e o presidente do PP andaluz e alcalde de Sevilla, Juan Ignacio Zoido.

A presidenta do PP de Madrid, Esperanza Aguirre, tamén ten previsto acudir a Cataluña en campaña electoral, segundo admitiu publicamente ela mesma fai un par de semanas. Non está confirmado se acudirá o presidente da Comunidade de Madrid, Ignacio González, aínda que nas filas do PP non ocultan que causou malestar o seu anuncio de aplicar en 2013 o euro por receita, unha media da que se desmarcou o Executivo de Rajoy e a dirección nacional do PP.

Noticia completa: http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-galicia/gh/feijoo-metese-de-cheo-na-campana-catala/idEdicion-2012-11-09/idNoticia-775734/?utm_source=twitterfeed&utm_medium=twitter

No hay comentarios:

Publicar un comentario