martes, 9 de octubre de 2012

Galiza podería perder máis de 4.000 millóns de euros de fondos europeos polo desleixo e incompetencia da Xunta


Tal e como está a proposta no Parlamento de Bruxelas, hoxe en día, de reparto dos fondos europeos para o período 2014-2020 Galiza pasaría de percibir, en números redondos, de 6.500 millóns de euros a pouco máis de 1.500. Un escenario, desde logo, ao que non se chegou dun día para outro e onde o desleixo, a incompetencia ou non saber/querer facer do goberno do PP na Xunta, e dos executivos centrais, teñen moita responsabilidade.

Nestes días vanse celebrar en Bruxelas varias xuntanzas e encontros a diferentes niveis para tentar variar unha proposta que cuestiona as axudas a rexións até non hai tanto incluídas na categoría de menos desenvolvidas, como Galiza, e que accederon a outra clasificación, mais aínda lonxe de acadar os parámetros das zonas máis desenvolvidas de Europa.

Noticia completa: http://www.sermosgaliza.com/artigo/galiza/galiza-poderia-perder-mais-de-4-000-millons-de-euros-de-fondos-europeos-por-desleixo-da-xunta/20121008190342006079.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario