Na madrugada deste martes foron colocadas varias barricadas de lume en distintos accesos e saídas de Ferrol por grupo de traballadores do naval. A rápida intervención dos bombeiros, e o pouco trafico existente a esas horas, evitaron un caos circulatorio.
As vías afectadas foron a Rúa Irmandiños, Ponte das Cabras, As Pías (na saída á altura de Caranza), e A Trincheira. Por estes feitos, un home foi retido e identificado por dúas patrullas da Policía Nacional.
Os traballadores protestaron, asi, contra as "mentiras" do Goberno da Xunta sobre a suposta carga de traballo dos asteleiros. Esta acción ten lugar uns días despois de que un dirixente da CIG fora golpeado e levado á comisaria.
No hay comentarios:
Publicar un comentario