Fontes da súa defensa informaron a EFE de que o feito de que se lle impuxese unha fianza máis elevada viño motivado pola esixencia do ministerio fiscal, como consecuencia da capacidade económica do propio imputado.
Ata agora, lograran evitar o seu ingreso en prisión co abono da correspondente fianza o alcalde de Boqueixón, Adolfo Gacio, que pagou 10.000 euros; o de Ourense, Francisco Rodríguez, que ingresou 6.000 euros; e o delegado do grupo Vendex en Galicia, José María Tutor, que tivo que abonar 4.000 euros.
Por outra banda, Pilar de Lara decidiu enviar a prisión a outro dos dous imputados que onte prestaron declaración no Xulgado de Instrución Número 1 de Lugo ata altas horas da madrugada, o responsable do sistema ORA en Lugo, Javier Reguera, ao que acusa de delitos como suborno, tráfico de influencias, branqueo e falsidade documental.
Santiso prestou declaración ante a instrutora da Operación Pokemon durante máis de cinco horas, segundo informaron a Efe fontes da súa defensa, e, aínda que o seu interrogatorio finalizou ao redor das sete e media da tarde, tivo que esperar a que declarase Javier Reguera para coñecer os cargos que se lle imputaban e a súa situación persoal.
Noticia completa: http://www.galiciae.com/nova/198941.html
No hay comentarios:
Publicar un comentario