viernes, 21 de diciembre de 2012

O empregados públicos seguen a sufrir recortes tras perder o 10% de poder adquisitivo nun ano

O novo recorte ao salario dos empregados públicos acentúa a perda de poder adquisitivo dos 90.000 traballadores afectados agora por unha nova tesoirada dos gobernos do PP. Neste caso, á espera da confirmación oficial deste venres, a Xunta propón pagarlles en 2013, e de media, o 50% da extra de Nadal a uns funcionarios que viron suprimida ea mesma retribución neste ano.

O Executivo de Feijóo decidiu non reintegrar a totalidade da paga extra, malia que o Goberno central si a recuperou incluíndoa nos Orzamentos do Estado. Para curarse en saúde, o presidente galego xa advertiu de que se Rajoy cambia de opinión e decide suprimila de novo, el veríase obrigado a facer o mesmo. E non é nada descartable que así sexa.

A conxelación salarial e a rebaixa constante do soldo baixan ano a ano o poder adquisitivo dos empregados públicos

Nese caso, o recorte no salario dos empregados públicos achegaríase ao 7% e agravaría aínda máis a situación dun sector fundamental na economía galega. E aínda que non fose así, o persoal das administracións seguirá tragando cos recortes, sometido á conxelación salarial, sen que haxa posibilidade á actualización da perda do poder adquisitivo acumulada dende o ano 2009, e vendo como o seu soldo segue baixando ao tempo que os prezos continúan subindo.

Noticia completa: http://praza.com/economia/3090/o-empregados-publicos-seguen-a-sufrir-recortes-tras-perder-o-10-de-poder-adquisitivo-nun-ano/

No hay comentarios:

Publicar un comentario