Por iso, GC fai unha análise do primeiro mes de campaña 2.0 de cara aos comicios galegos. Esta análise do impacto e influencia dos principais candidatos céntrase nos datos que nos ofrece Twitter de cada unha das súas contas. O informe céntrase nesta rede por ser o paradigma da distribución de información en tempo real e de comunicación global, e polo formato informal das mensaxes e a estrutura asimétrica da relación entre os nodos da rede, permitindo ademais un sistema de comunicación moito máis aberto e amplo do que permite Facebook.
Para facer esta análise seleccionamos as contas dos principais candidatos á Presidencia da Xunta:
PPdeG: Alberto Núñez Feijóo (@Feijoo2012).
PSdeG: Pachi Vázquez (@pachivazquez).
BNG: Francisco Jorquera (@jorqueracaselas).
Alternativa Galega de Esquerda: Yolanda Díaz (@Yolanda_Diaz_).
Compromiso por Galicia: Xoán Bascuas (@Xoan_Bascuas)
UPyD: José Canedo (@canedojose).
Sociedad Civil y Democracia: Mario Conde (@mariocondeconde).
No caso da coalición Alternativa Galega se seleccionou a conta da líder de Esquerda Unida, Yolanda Díaz, xa que o número un, Xosé Manuel Beiras, non é usuario de Twitter.
De cada unha destas contas analízanse, nun periódo dun mes, a evolución do número de seguidores e seguidos, as mencións totais e retweets que recibiron os candidatos e a densidade das conversas arredor destes políticos. Para iso se utilizou a ferramenta en liña PeopleBrowsr para todas as contas e variábeis, agás para os "seguidores" e "seguidos" de Yolanda Díaz, para a cal PeopleBrowsr non nos aportou datos, polo que se utilizou outra ferramenta en liña, TweetCounter.
Todos os datos que aquí se presentan foron recollidos o domingo 23 de setembro.
Noticia completa: http://galiciaconfidencial.com/nova/11625.html
No hay comentarios:
Publicar un comentario