miércoles, 10 de abril de 2013

O asesor xurídico do Concello de Muros non entende “el gallego”


A Asemblea Comarcal do BNG de Muros-Noia, na xunta celebrada o pasado venres, logo de proceder á renovación do Consello Comarcal, acordou a aprobación dunha resolución de apoio ao militante de Muros, Xosé Ramón Farinós López, denunciado polo asesor xurídico do Concello, José Luis Barro, ao ter criticado o primeiro o feito de que o traballador municipal obrigue aos veciños que atende a que se expresen en castelán, xa que di no entender “el gallego”.


Para o BNG, a actitude deste traballador municipal "vén afondar na campaña orquestrada nos últimos anos polo españolismo máis reaccionario, embarcado nunha especie de “nova reconquista”, que busca en última instancia a eliminación da lingua e cultura propias do noso país, en beneficio do español.

"Instamos á alcaldesa de Muros ao cumprimento da ordenanza municipal do uso do galego, hoxe en vigor, e a que lle lembre aos traballadores locais a necesidade do seu cumprimento, tanto na atención aos veciños,  como na elaboración de todo tipo de expedientes municipais", denuncian os nacionalistas.

O Bloque advirte de que é o propio asesor, denunciante neste caso, o que “pon trabas aos veciños que se expresan en galego, o cal, segundo a ordenanza municipal onde se regula o uso do galego, o incapacita para exercer o cargo”. Así, desde o BNG de Muros esíxenlle á alcaldesa Caridad González (PSOE), “o cese do mesmo nas súa non definida función pública”.

Noticia completa: http://galiciaconfidencial.com/nova/13920.html?utm_source=dlvr.it&utm_medium=twitter

No hay comentarios:

Publicar un comentario