miércoles, 10 de abril de 2013

Un matrimonio suicídase de mutuo acordo por "motivos económicos"


Un home e unha muller foron achados na tarde deste martes mortos por impactos de bala na mesma habitación dunha vivenda en Santiago de Compostela. Os indicios achados apuntan a un "suicidio concertado" entre ambos segundo apunta a web de EP. La Voz de Galicia fala abertamente dunha morte por "motivos económicos".


Segundo explicaron a EP fontes policiais, os corpos foron localizados nunha habitación dun domicilio na rúa Lisboa, do barrio compostelán de Fontiñas. Ao lugar dos feitos desprazáronse axentes da Policía Nacional, que abriu unha investigación, aínda que os primeiros indicios apuntan a unha morte pactada entre a parella.

Os falecidos, un home de mediana idade, e unha muller máis nova, presentaban impactos de arma de fogo e achábanse xuntos na mesma habitación do domicilio. As mesmas fontes policiais sinalaron que os elementos atopados na vivenda apuntan a un "suicidio concertado" da parella.

Noticia completa: http://galiciaconfidencial.com/nova/13927.html?utm_source=dlvr.it&utm_medium=twitter

No hay comentarios:

Publicar un comentario