sábado, 23 de febrero de 2013

Unha marea cidadá enche as rúas no 23F

O 23 de febreiro de 2003, hai hoxe dez anos, centos de milleiros de persoas encheron as rúas de Madrid nunha marea cidadá que protestaba contra a xestión que o Goberno fixera da catástrofe do Prestige. Nesa manifestación algunhas das reivindicacións principais tiñan que ver coa transparencia e coa dignidade. Nas manifestacións que hai 32 anos seguiron ao intento frustrado de Golpe de Estado demandouse, ante todo, democracia. Todas esas demandas van estar moi presentes tamén nas marchas convocadas este sábado en todo o Estado para protestar contra o "golpe de estado financeiro".

A da Coruña foi a primeira das moitas manifestacións deste 23F.Milleiros de persoas, ao igual que o 15M de hai dous anos, ou no 15O, ou no 29S, volveron encher as rúas, superando as espectativas previas, nunha marea cidadá de indignación e protesta "contra os recortes, a corrupción e o expolio programado do público". Ao longo da tarde estaban convocadas marchas en Pontevedra, Compostela, Ourense, Vigo, Ferrol, Lugo, Redondela e Vilagarcía de Arousa. Baixo a proclama de "Non ó golpe de estado financeiro. Non debemos, non pagamos" as manifestacións pedirán xustiza social e ambiental, transparencia e democracia participativa, a defensa duns servizos públicos e universais, e unha auditoría cidadá da débeda en protesta contra "a débeda ilexítima".

Os colectivos de todo tipo que convocan as marchas no marco dunha marea cidadá chaman "á confluencia de aqueles colectivos e persoas que nos vemos violentamente afectadas polas políticas de recortes e polo saqueo do público que se está a exercer desde o poder político institucional". De feito, na Coruña puideron verse numerosas faixas en defensa da sanidade, do ensino público, de afectados polas preferentes -que fixeron con converxer o final da súa marcha co inicio desta manifestación- ou de colectivos feministas. A marcha fixo sucesivas paradas ante a sede do Banco de España, un centro de ensino onde se lle plantou lume a un boneco do ministro Wert, o TSXG, a vivenda de Aurelia Rey e a Delegación do Goberno, onde finalizou.

Nas manifestacións da cada cidade confluiron outras reivindicacións. Estiveron moi presentes, dende logo, os desafiuzamentos e as preferentes, pero moi especialmente tamén a defensa do ensino público e a crítica ao proxecto de reforma educativa do ministro Wert

Nas manifestacións da cada cidade confluiron outras reivindicacións. Estiveron moi presentes, dende logo, os desafiuzamentos e as preferentes, pero moi especialmente tamén a defensa do ensino público e a crítica ao proxecto de reforma educativa do ministro Wert. As mareas verdesdeixaron oír a súa voz en todas as marchas, mestres e estudantes, de ensino medio e universitario. No manifesto lido ao remate da marcha en Pontevedra tamén houbo un espazo para esta problemática: "priorizan o lucro sobre o dereito á educación e sobre a vida das persoas. E esta situación repítese na xustiza, no transporte ou na vivenda", xunto con outras máis locais coma a demanda do traslado da planta de ENCE, de novo de actualidade pola reforma da Lei de Costas, ou a paralización do proxecto eólico do Morrazo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario