sábado, 23 de febrero de 2013

Os salarios das mulleres son un 23,1% inferiores aos dos homes


A diferencia entre os salarios dos homes e as mulleres é dun 23,1%, porcentaxe que pon á vista a persistencia da discriminación no mundo do traballo. No ano 2011 os ingresos medios dos homes foron de 20.393 fronte aos 15. 688 das mulleres.Salario medio por hora inferior ao dos homes e máis traballando a tempo parcial. Esta é a “dobre brecha” que as mulleres padecen no mundo laboral e que a Secretaria da Muller da CIG vén de denunciar no Día Internacional da Igualdade Salarial entre homes e mulleres que se celebra este 22 de febreiro.


A fenda é aínda profunda e apréciase en distintos indicativos, días e horas que traballan de balde, collen de xeito mairoritario os permisos parentais e interrompen a vida laboral por causas familiares en máis ocasións. Segundo a Secretaría da Muller da CIG,nas empresas continúan a existir “sistemas de retribución artibrarios, individualizados que non son negociados nin identificados no convenio e sistemas de promoción arbitrarios” que contribúen á situación minusvalorada das mulleres no ámbito laboral.

O 23,1% que as mulleres cobran menos que os homes significa, segundo o sindicato nacionalista, “a persistencia dunha brecha salarial entre homes e mulleres” mais alertan tamén do descenso dos ingresos de ambos sexos debido a unha precariedade que afecta a toda a clase traballadora.

Noticia completa: http://www.sermosgaliza.com/artigo/galiza/os-salarios-das-mulleres-son-un-23-1-inferiores-aos-dos-homes/20130222181001011519.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario