sábado, 23 de febrero de 2013

Máis de dez mil persoas participan na Coruña na maior manifestación das preferentes

Até un ataúde participou hoxe na mobilización nacional que as vítimas das preferentes e subordinadas convocaron na Coruña. O centro da cidade colapsouse ante os milleiros de persoas que viñeron de todo o país ás que se sumaron, ao decir da organización, moreas de cidadáns da Coruña como mostra dunha cada vez maior solidariedade e apoio social coas vítimas da estafa.

“Goberno escoita, seguimos na loita” foi unha das lendas coreadas nunha marcha que durou máis de dúas horas. Arredor de dez mil pesoas, se

“Fala de oídas. Só é o goberno central a través do FROB quen pode facer esa comunicación. En todo caso, esa circunstancia é completamente inasumíbel. O día que comuniquen a quita acenden a mecha dunha bomba” destaca Xesús Domínguez, voceiro da plataforma de Compostela.gundo fontes da organización, demostraban, máis unha vez, que continúan a ter forza para reclamar a devolución íntegra dos seus cartos. Unha faixa na que se podía ler “Estafados polos bancos, expropiados polo goberno” abría unha marcha sobre a que pairaban as recentes declaracións de Castellano que aventuraba un próximo canxe das preferentes por accións cunha quita do 50%.

“Premian a corruptos e queren facer que os estafados paguemos o rescate bancario"

Os ánimos mostráronse aínda máis acesos despois de se destapar a corrupción do PP co caso Bárcenas, episodio que se comentou de maneira abondosa na mobilización. “Premian a corruptos e queren facer que os estafados paguemos o rescate bancario. Novagalicia Banco leva un ano sen pagar nin un euro de xuros”, denunciou.

Nas intervencións finais sinalouse a posibilidade de que un suicidio producido na pasada semana en Melide teña a ver coa estafa, dato que a coordinadora das plataformas non ten confirmado mais hipótese que preocupou máis aínda á xente. “Hai tamén moitos afectados de idade que están a a ver como os seus cadros clínicos se agudizan. De seguir así, a situación vai ir moito a peor” comenta Domínguez.

“Roubo do goberno central”

“A quita é un roubo ditado polo goberno central” é a máxima que as vítimas xa teñen asumida e que se repetiu na Coruña. “Non somos investidores. Metemos os nosos cartos cando eran Caixas de Aforros. A próxima manifestación será con fouciños e forquiñas, coas ferramentas do traballo” engade Domínguez.

César Cambeiro e Isabel Risco puxeron fin á mobilización cunha parodia dos ladróns de luva branca, ás veces disfrazados de ministros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario