martes, 15 de enero de 2013

Traballadores da Xunta alertan do ERE encuberto que Feijóo prepara para empregad@s públic@s



O salón de Presidencia da sede central da Xunta acolleu unha asemblea de traballadores e traballadoras, xuntanza para analizar e abordar a necesidade de dar resposta ao que califican de "contínuos ataques, recortes e tesoiradas" do goberno de Núñez Feijóo a este colectivo. Non se trata só, apuntan, das rebaixas salariais: "A perda de poder adquisitivo nestes anos foi de pola volta do 30%. Temos salarios a niveis de 2005", apuntan. Senón que hai moito máis en xogo: "Os orzamentos de 2013 preparan a privatización de servizos públicos, a eliminación de concursos e oferta pública". Estariamos, logo, ante o "desmantelamento" do público.


Nesta liña, desde os sindicatos sinálase que as contas autonómicas de 2013 "abren as portas" a un ERE encuberto que implicaría o despedimento de pola volta duns 1.500 interinos. Como? Mediante concursos de translados polos que funcionarios con praza ocuparán os postos até agora de interinos. E os e as interninas non terán oportunidade de optar a outra praza vacante.

Os sindicatos sinálase que as contas autonómicas de 2013 "abren as portas" a un ERE encuberto que implicaría o despedimento de pola volta duns 1.500 interinos

Nos Orzamentos deste ano "pasamos das 10.649 prazas de funcionarios no 2012 a tan só 9.496 no 2013 o que supón un recorte dun 11%. Os grupos máis afectados son o A2, cunha redución de case o 20% das prazas e o C1, con case o 12%. No caso do grupo C2, o recorte sería do 14% se se toman como referencia os dous últimos anos".

Noticia completa: http://www.sermosgaliza.com/artigo/economia/traballadores-da-xunta-alertan-do-ere-encuberto-que-feijoo-prepara-para-empregad-s-public-s/20130115123018009574.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario