martes, 15 de enero de 2013

A Xunta recorta un 40% en políticas de emprego malia o 21% de paro


Os grupos da oposición non comparten o anteproxecto de Orzamentos para 2013 presentado polo goberno galego, e iso, faise ver en cada unha das intervencións parlamentares que se están a desenvolver no seo do proceso lexislativo en curso. Se ben desde o executivo defenden que os presupostos achegados "son realistas, prudentes e inminentemente sociais", pola súa banda, BNG, AGE e PSdeG denuncian os recortes orzamentarios presentados desde a Xunta, dos que din "son responsábeis das altas taxas de desemprego".


Nin unha soa das cifras achegadas pola conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, convenceu @s voceir@s das outras formacións políticas que denunciaron o seu discurso "de autobombo e propaganda", asegurou a deputada nacionalista Montse Prado. Nin o baile de datos achegados desde a Consellaría lle serviron a Mato para ocultar as cifras de desemprego e exclusión social que converteron no último mes a Galiza no segundo territorio con maior destrución de emprego. Aliás, o 50% de paro xuvenil, reflicte "un drama social", asegurou o deputado de AGE, Juan Manuel Fajardo, que dá boa conta do "fracaso das súas políticas como a reforma laboral", acrecentou Prado.

Malia que Mato teimou en aseverar que os orzamentos presentados pola Xunta de Galiza "blindan os servizos públicos" e son "os mellores posíbeis", desde as bancadas da oposición denunciaron que as contas públicas apresentadas tomaban parte dun "plan ideolóxico" de "destrución e privatización dos servizos públicos e as políticas sociais".

Noticia completa: http://www.sermosgaliza.com/artigo/politica/a-xunta-recorta-o-40-do-orzamento-en-politicas-activas-de-emprego-nunha-galiza-con-mais-do-21-de-paro/20130115130955009577.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario