martes, 15 de enero de 2013

Sortu ten xa máis militantes que PSE e PP malia faltar un mes para a súa fundación


Aínda falta un mes para que Sortu complete formalmente a súa constitución como partido político, coa realización do seu Congreso fundacional o 23 de febreiro. Mais xa posúe alén de 6.000 militantes, unha cifra superior a que posúen en Euskadi partidos como PSOE ou PP.  As predecesoras de Sortu como organismos políticos da esquerda abertzale (Herri Batasuna ou Batasuna) carecían desta categoría de militante ou afiliad@.


Sortu atópase na carreira final do seu proceso constituínte, no cal se realizaron máis de 240 asembleas en vilas e barrios de Euskal Herria. Neste proceso téñense recibido pola volta de 400 enmendas dos e das participantes aos documentos presentados para o debate.

Os relatorios da organización da esquerda abertzale abordan cuestións como a "confrontación democrática" e a "desobediencia civil" no camiño para a construción de Euskal Herria como nación e de cara a súa independencia.

O dirixente abertzale Pernando Barrena recoñece que algundas das cuestións que están a centrar o debate nos relatorios son os que se centran na definición de socialismo, a impronta feminista de Sortu ou ben o modelo de relación no eido europeo.

Noticia completa: http://www.sermosgaliza.com/artigo/euskal-herria/sortu-ten-xa-mais-militantes-que-pse-e-pp-malia-faltar-un-mes-para-a-sua-fundacion/20130114142458009537.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario