lunes, 31 de diciembre de 2012

Feijóo aumenta nun 16% o gasto en asesores mentres recorta a empregad@s públicos e servizos


Os orzamentos da Xunta para 2013 recollen importantes tesouradas para educación, cultura, sanidade ou benestar. Pola volta duns 150 millóns de euros menos. Aliás, e tal e como vén de denunciar a CIG, deixan sen orzamentar todas as prazas vacantes sen ocupación e amortizaranse o equivalente de prazas ás do persoal que se xubile. Unha nova machetada aos e ás empregadas públicas, que se suma a que estes e estas non volverán cobrar a paga extra completa até 2020, segundo sinala o sindicato nacionalista.

Mais onde non hai tesoira é nos gastos en persoal de confianza do presidente da Xunta. Así, os orzamentos para 2013 contemplan un incremento para asesores na Secretaría Xeral da Presidencia, o entorno máis próximo ao Presidente, do 15,8%, pasando de 785.234 euros no 2012 a 908.818 no 2013. "Feijoo gasta un 15,8% máis en rodearse de amigos mentres recorta aos empregados públicos".

"Desintegración e privatización"

A central nacionalista considera que estes orzamentos "consolidan os recortes de cara ao futuro, degradan o sistema de dereitos, bloquean a mobilidade e a promoción dos empregados públicos e conducen á Administración Pública galega cara ao abismo da desintegración e a privatización".

Os recortes nas contas para 2013 céntranse en todas as consellerías agás a de Facenda. En Traballo e Benestar, Sanidade, e Educación e Cultura tamén pasa a tesoira do Partido Popular. Feijóo defendeu os orzamentos como "realistas" e acaídos á situación de crise, para alén de dicir que primaban o gasto social. Para a oposición, as contas son a constatación dun fracaso do goberno autonómico, que renuncia a loitar contra a crise e fai recortes en aspectos fulcrais doe stado de benestar.

Noticia completa: http://www.sermosgaliza.com/artigo/economia/feijoo-aumenta-nun-16-o-gasto-en-asesores-mentres-recorta-a-empregad-s-publicos-e-servizos/20121229102124009055.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario