domingo, 28 de julio de 2013

O maquinista, en liberdade con cargos e sen pasaporte

O maquinista ficou en liberdade con cargos após declarar durante dúas horas. Iso si, e segundo informa El País, retiróuselle o pasaporte e terá que comparecer no xulgado unha vez á semana. Ademais, o maxistrado inhabilitouno para conducir comboios.


Francisco José Garzón entrou, esposado e custodiado pola policía, nos xulgados de Compostela por volta das 18:20 do domingo, a piques de se cumprir o prazo límite de 72 horas para ser posto a disposición xudicial. Unha vez dentro, os seus avogados estudaron por volta dunha hora o informe preliminar elaborado pola Policía Nacional. Só despois diso, Garzón pasou perante o xuíz instructor do caso, Luis Aláez. Perante o maxistrado declarou durante case dúas horas, respondendo ás preguntas do xuíz. Segundo diversos medios, Garzón recoñeceu ter cometido unha imprudencia. O xuíz decretou a súa liberdade con cargos.

O maquinista pasou a noite na Comisaría da Policía Nacional de Compostela, a onde foi trasladado por axentes despois de que o sábado pola mañá fose dado de alta no Hospital de Compostela, onde se atopaba desde o accidente ferroviario de Angrois, no que faleceron 79 persoas. Durante a súa estancia hospitalaria acolleuse ao seu dereito a non declarar.

Noticia completa: http://www.sermosgaliza.com/artigo/galiza/maquinista/20130728205049017701.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario