viernes, 19 de julio de 2013

Galicia, unha das zonas con máis centenarios do mundo

Galicia é o país dos centenarios, ou case. Só é superada por rexións específicas: a illa de Sardeña (Italia), a illa de Okinawa (Xapón), a Peninsula de Nicoya (Costa Rica) e Lomba Linda (California), que superan o 0,060% en número de persoas maiores de cen anos do total da súa poboación, e que xa foron clasificadas como zonas de alta lonxevidade, denominadas 'Blue Zones', segundo a categorización realizada polo National Institute of Aging de EEUU.


Sen embargo, Galicia está nunha posición alta nese ranking dos máis vellos do planeta, co 0.039% de centenarios. Só a comunidade de Castela e León, en España, supera ese índice, co 0,051% de veciños maiores de cen anos. Canda eles están outros países coma Xapón, situando ao país entre os primeiros con maior proporción de maiores de 100 anos en función dos seus habitantes.

Máis mulleres

Neste particular ranquing, resulta relativamente rechamante que a proporción de mulleres que superan os 100 anos sexa moito maior que a de homes, algo que segue o patrón da maior esperanza de vida no sexo feminino. Mentres o home ten en España unha lonxevidade media de 78,87 anos, a da muller é de 84,82.

Noticia completa: http://www.galiciaconfidencial.com/nova/15118.html?utm_source=dlvr.it&utm_medium=twitter

No hay comentarios:

Publicar un comentario