miércoles, 13 de marzo de 2013
Educación emprega profesorado de relixión para impartir outras materias após despedir mil docentes
Após incrementar a partida destinada a docentes de relixión nos orzamentos de 2013, até a equiparar, con 27,7 millóns de euros, ao que custa o mantemento dos comedores escolares, a consellaría de Educación está a utilizar o profesorado de relixión para impartir outras materias.
A denuncia vén de facela pública CIG-Ensino, considerando "gravísima" a "actitude prevaricadora" alentada polo departamento que dirixe Jesús Vázquez. Segundo tivo coñecemento a central sindical, nalgúns casos est@s docentes ocupan o 50% do horario impartindo outras materias, como acontece no CEIP Doiras, no concello de Cervantes.
Acrecenta o sindicato que a inspectora deste centro público, Celsa González, non só non mostrou a súa disposición a corrixir esta irregularidade senón que informou de que non é esta a única escola onde profesorado de relixión dá aulas doutras materias do currículo.
Tal comportamento, que se dá namentres a consellaría despide profesionais interin@s das diferentes especialidades, amosa "a deriva confesional e ideolóxica que o PP pretende transladar" ao ensino "máis aló da lexislación vixente, xa de por si fornecedora do adoutrinamento relixioso". CIG-Ensino solicitará da Xunta os horarios académicos de todo o territorio lucense para comprobar que a "ilegalidade" foi corrixida.
Noticia completa: http://www.sermosgaliza.com/artigo/social/educacion-emprega-profesorado-de-relixion-para-impartir-outras-materias-apos-despedir-mil-docentes/20130313112458012425.html
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario