miércoles, 13 de marzo de 2013
Aymerich deixa o Parlamento: "Non vou molestar máis"
Carlos Aymerich abandonará o seu escano no Parlamento a vindeira semana, segundo lle comunicou este martes á dirección do BNG. O líder de Abrente, que fora portavoz parlamentario até XIII Asemblea do Bloque, a comezos de 2012, vén amosando publicamente nas últimas semanas as súas críticas á "a viraxe" do BNG nos últimos tempos que, segundo el, "fai que retroceda a posicións de hai 30 anos", como afirmaba este sábado na Cadena Ser. É ese tamén o motivo de que Abrente non se integre na lista única que liderará Xavier Vence na Asemblea Nacional. Agora, "non vou molestar máis", di.
O aínda parlamentario -oficializará a súa renuncia o vindeiro martes- non prevía comunicar a súa renuncia ata despois da asemblea, pero esta foi "filtrada", di. Este foi o motivo que o levou a convocar á prensa nos corredores do Parlamento para confirmar "unha decisión que xa tiña tomada hai moito tempo" e que "no persoal" tamén lle supón "unha certa liberación". Agora, afirma, "seguirei como militante de base" e dende esa posición continuará a defender "un Bloque ambicioso, situado na esquerda, consecuentemente nacionalista e que se dirixe a toda á sociedade, que quere gobernar este país".
Á espera das valoracións "políticas", que realizará o vindeiro luns, Aymerich avanza que na súa mente non está deixar a formación frontista, entre outras cousas porque "non me vexo en ningunha das organizacións" que se crearon tras as escisións do Bloque. "Non me vexo en Compromiso" e tampouco "en Anova-Esquerda Unida", di. "Eu son do Bloque", para o que "só podo ter palabras de agradecemento", as cales estende ao grupo parlamentario, "en especial para Francisco Jorquera" con quen " sempre, a pesar das diferenzas, soubemos manter a amizade".
Noticia completa: http://praza.com/politica/3843/aymerich-deixa-o-parlamento-non-vou-molestar-mais/
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario