A documentación do caso Gürtel amosa a relación entre a contabilidade de Bárcenas e uns ingresos non declarados a Facenda realizados ao partido en 1999 por Pablo Crespo, daquela secretario de Organización do PPdeG
A documentación do caso Gürtel amosa a relación entre a contabilidade de Bárcenas e uns ingresos non declarados a Facenda realizados ao partido en 1999 por Pablo Crespo, daquela secretario de Organización do PPdeG. Os documentos de Bárcenas recollen un pagamento de 21 millóns de pesetas nesas datas. Ese mesmo pagamento aparece reflectido, en orixe, nos papeis da Gürtel: na contabilidade do PPdeG que a policía atopou nunha caixa de seguridade que Pablo Crespo tiña nun banco de Pontevedra. Nesa contabilidade figura un pagamento de maio de 1999 que di: “21.000.000. Sede Nacional. Pago deudas pendientes”. Nos papeis de Bárcenas, datada tamén en maio de 1999, figura a entrada desa mesma cantidade e o comentario: “P. Crespo. 21.000.000”.
Neste informe tamén se destaca que “o 47,68% dos actos do PP se financiaron con fondos da mesma formación, e outro 52% dos gastos se pagou en efectivo"
Como lembra El País este sábado, despois de analizar a contabilidade de Pablo Crespo a policía elaborou un informe no que suxería que o PP de Galicia se financiara ilegalmente: “os fondos destinados ao pagamento xerados por esa formación política proceden de recursos alleos aos circuitos financeiros, que poden ser de terceiros que financian os actos do partido con diñeiro alleo aos circuitos económicos”. Neste informe tamén se destaca que “o 47,68% dos actos do PP se financiaron con fondos da mesma formación, e outro 52% dos gastos se pagou en efectivo, con notas de recibín sen factura e outros sen nota. Non existen facturas formais deses gastos e no mellor dos casos hai notas de recibín. Descoñécese o conxunto dos recursos cos que a formación política fixo fronte a ese conxunto de gastos”.
Noticia completa: http://praza.com/politica/3485/o-caso-barcenas-comeza-por-galicia/
No hay comentarios:
Publicar un comentario