viernes, 1 de febrero de 2013

As axudas á edición de libros escolares en galego desplomáronse un 80% con Feijóo


Entre os múltiples tópicos que rodean a actividade administrativa e política están os que sitúan as subvencións e axudas públicas como unha achega froito da vontade de quen goberna, unha caste de xesto gracioso do Executivo de quenda cara a un sector económico ou social.
No caso do eido da cultura e da lingua galega, non faltan os disparos por elevación neste sentido. Ese tipo de discursos -que alimentaron, por exemplo, as protestas contra as políticas de normalización lingüística durante a lexislatura do bipartito- adoitan obviar que boa parte destas axudas teñen un sustento en leis e en amplos acordos parlamentarios. Isto é o que acontece, por exemplo, coas axudas á edición de libros de texto e outros materiais escolares en lingua galega. As mesmas que, dende o retorno do PP a San Caetano, sufriron un desplome do 76,2%, obviamente moi por riba da caída global dos Orzamentos Xerais da Xunta.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres a convocatoria destas subvencións para o ano 2013. Os 250.000 euros cos que está dotada supón unha tesoirada de 50.000 euros a respecto da última edición, que tivo ademais a particularidade de ser a correspondente a dous anos e non a un. Isto sucedeu porque, o 1 de marzo de 2011, a Secretaría Xeral de Política Lingüística -aínda dirixida por Anxo Lorenzo- convocaba as axudas "por unha contía máxima total de 400.000 euros". A resolución da convocatoria foise dilatando ao longo do ano ata que, en setembro, Política Lingüística deixaba "sen efecto" as axudas argumentando razóns de "política orzamentaria", nomeadamente, o "necesario equilibrio entre ingresos e gastos".

Noticia completa: http://praza.com/ciencia-e-tecnoloxia/3472/as-axudas-a-edicion-de-libros-escolares-en-galego-desplomaronse-un-80-con-feijoo/

No hay comentarios:

Publicar un comentario