viernes, 7 de diciembre de 2012

Sindicatos e goberno galego acordan traballar xuntos polo leite

A reunión entre o goberno galego, Interprofesional Láctea (INLAC) e as organizacións sindicais Sindicato Labrego Galego (SLG), Unións Agrarias (UU.AA.)e Xóvenes Agricultores (XX.AA.) rematou coa sinatura dun acordo para poder comezar a traballar de xeito conxunto. A Xunta comprométese a vixiar a industria e distribuidores para que non vendan a prezos por baixo do custe de produción e levará a Madrid medidas para mellorar o funcionamento da cadea alimentaria.

Sindicatos, Interprofesional Láctea (INLAC) e Xunta chegaron a un principio de acordo para traballar a partir da semana vindeira sobre as reivindicacións que levaron, días atrás, ao este sector a unha folga no rural. Despois da reunión celebrada en San Caetano na que participaron o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, as organizacións sindicais Sindicato Labrego Galego (SLG), Unións Agrarias (UU.AA.)e Xóvenes Agricultores, (XX.AA.), e INLAC todas as partes asinaron un pacto polo que o goberno comprométese a "vixiar" á industria e á distribución do sector lácteo para que non vendan por debaixo dun prezo que cause perdas a gandeir@s.

Isabel Vilalba, do SLG, asegura que o punto de partida nas negociacións foi prezo. "É un dos temas fundamentais e ven de vello". Para o SLG desta negociación teñen que saír medidas "urxentes" que permitan a recuperación de "máis de 9.000 explotacións mesmo están por baixo deses 29 céntimos e non poden aguantar máis".

O acordo de hoxe permite comezar a traballar sobre unhas bases comúns. "Iso si, con acordos lexislativos". Nas vindeiras sesións conxuntas Isabel Vilalba agarda "medidas reais, non podemos agardar boa vontade dunha industria que fai a súa conta de resultados a base de trasladar uns prezos para a parte máis débil da cadea de valor".

No hay comentarios:

Publicar un comentario