miércoles, 26 de diciembre de 2012

O Concello de Bueu insta á prohibirlles as balas de goma aos antidisturbios


O pleno municipal de Bueu debaterá unha moción contra o uso de balas de goma. Será no pleno do 14 de xaneiro e nela o Goberno local do concello morracense instará a Xunta a demandar do Executivo español "a prohibición do uso de balas de goma, tal e como sucede noutros países europeos". No texto denúnciase que desde 1990 máis de 25 persoas perderon un ollo no Estado a causa destes proxectís.

Tamén houbo mort@s. En 1995 o impacto no seu ventre producido por unha bala de goma disparada por axentes da Ertzaintza --colocándolle a pistola en contacto directo co corpo-- asasinou a Rosa Zarra namentres facía parte dunha mobilización contra a carga policial durante o enterro de Lasa e Zabala, asasinados polos GAL en 1983.

Máis recentemente, en 2012, máis unha pelota de goma tamén disparada pola Ertzaintza matou o siareiro do Athletic Íñigo Cabacas, quen botou catro días en estado de coma a causa das lesións cerebrais que lle causou o impacto do proxectil.

Así as cousas, o grupo que presenta a denuncia en Bueu, o BNG, salienta que algunhas forzas e corpos de seguridade do Estado "son das poucas policías que utilizan balas de goma en manifestacións e eventos públicos". Na liña, o voceiro nacionalista, Xosé Leal, explica que a moción, que xa foi presentada no rexistro, foi promovida polo colectivo Stop balas de goma! e denuncia que durante as mobilizacións da folga xeral do 29 de marzo dous mozos perderon a vista, para alén de se rexistraren vari@s ferid@s de gravidade.

Noticia completa: http://www.sermosgaliza.com/artigo/politica/o-concello-de-bueu-debatera-unha-mocion-para-prohibirlles-as-balas-de-goma-aos-antidisturbios/20121226110833008958.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario