sábado, 1 de diciembre de 2012
Hai 35 anos Galicia tivo a súa 'diada'
O motor de todo o proceso autonómico durante a Transición foron as reivindicacións catalás. Catro meses despois da celebración das primeiras eleccións, ao berro de libertat, amnistía i estatut de autonomía faltáballe aínda o terceiro pé. O sentimento identitario catalán, demostrado en multitudinarias mobilizacións (na celebración da Diada, o 11 de setembro de 1977, máis dun millón e medio de persoas se manifestaron en Barcelona reivindicando a autonomía), obrigou o goberno de UCD a acelerar a reinstauración da Generalitat, algo que finalmente se produciu o 29 de setembro dese ano co famoso ja soc aqui. Deste xeito o punto partida das preautonomías foi a Operación Tarradellas, unha intelixente xogada de Suárez consistente no restabelecemento da Generalitat na figura do seu presidente no exilio. A medida efectuouse a través dun Decreto-Lei baseado no Artigo 13 da lei de Cortes franquista, e ademais de constituír un efectivo acto simbólico, servía de contrapeso ao poder da esquerda (PSC-PSOE e PSUC) na Asemblea de Parlamentarios catalá.
Para a instauración do poder galego preautonómico pensouse tamén nunha personalidade galeguista que aportase lexitimidade histórica ao nomeamento (como se fixera con Tarradellas en Catalunya e se intentou facer con Leizaola en Euskadi). Soaron moito García-Sabell, Emilio González López, Paz Andrade ou Iglesias Corral e chegou a haber contactos serios con Bibiano Fernández Osorio-Tafall, que fora presidente da Comisión encargada do Estatuto de Autonomía de 1936, pero a iniciativa non foi adiante. Do mesmo xeito, o PSOE chegou a propoñer oficialmente a Ramón Piñeiro: Rosón e a UCD de Lugo simpatizaban coa idea, ao igual que Rivas Fontán ou Víctor Moro, e de feito, un xornalista galego chegou a facer de correo de UCD e propúxolle abertamente a Piñeiro a posibilidade de ser presidente.
Noticia completa: http://praza.com/movementos-sociais/2845/hai-35-anos-galicia-tivo-a-sua-diada/
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario