sábado, 1 de diciembre de 2012
A pobreza e a exclusión social avanzan en Galicia
A pobreza e a exclusión social avanzan en Galicia e no resto do Estado español. Case unha de cada catro persoas residentes en Galicia padecía pobreza ou risco de exclusión social en 2011, o que supón 47.031 máis que no ano anterior e un incremento do 7,6%. En total, 662.515 persoas —o 23,7 por cento da poboación— atopábanse nestas situacións o pasado ano, segundo o último informe publicado este mes de novembro por EAPN, coalición independente de ONG e outros grupos involucrados na loita contra a pobreza e a exclusión social nos Estados membros da Unión Europea.
O informe indica que a porcentaxe de poboación no Esatdo español que se atopa en situación ou en risco de pobreza incrementouse até o 27 por cento.
A pobreza volve medrar entre os galegos
Logo dunha baixada do índice de pobreza en 2010, este volveu medrar en Galicia no ano 2011, ocupando o oitavo lugar entre as comunidades do Estado Español con menor índice de pobreza, perdendo un posto respecto ao ano anterior pero gañando dous respecto a 2009, cando a porcentaxe de pobres no noso país era do 19,1%.
Un total de 525.539 persoas se atopaban en Galicia baixo o limite da pobreza o pasado ano, un 18,8% por cento da poboación, o que supón un incremento de dous puntos respecto a 2010. Esta cifra, aínda que é tres puntos menor que a media estatal, "é demasiado alta", advirte EAPN. Ademais, 203.088 persoas —o 7,3 por cento da poboación— viven en fogares con baixa intensidade de traballo, situación que creceu en todo o Estado.
Porén, o número de persoas que sofre pobreza material severa descendeu un punto porcentual respecto ao ano 2010, afectando a un total de 65.389 persoas en Galicia.
No periódo comprendido entre os anos 2009 e 2011, a pobreza só diminuíu en Galicia, Estremadura, Asturias, Murcia e Ceuta e Melilla. Porén, mentres no noso país a pobreza volveu crecer no ano 2011, en sete comunidades autónomas minguou.
Noticia completa: http://galiciaconfidencial.com/nova/12394.html?utm_source=dlvr.it&utm_medium=twitter
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario