jueves, 15 de noviembre de 2012
Se hai folga, acendemos as farolas
Feita a lei, feita a trampa. Dende hai un tempo sindicatos, gobernos e medios de comunicación emprestan crecente importancia aos datos de consumo eléctrico para medir o impacto dunha folga xeral. Trátase dun indicador máis obxectivo que as contrapostas e sempre moi distantes cifras de seguimento do paro ou de participación nas manifestacións. Por este motivo algúns concellos gobernados polo PP e CiU en todo o Estado puxeron neste 14N un sorprendente empeño en modificar este dato tomando a decisión de manter aceso até o mediodía o alumeado público. A pesar de que o impacto destas medidas nos datos globais sexa insignificante. A pesar do prexuízo que este desbalde enerxético lle produce ao medio ambiente. A pesar do gasto público superfluo. A pesar do evidente e ridículo da medida.
Foi o caso do Concello da Coruña. Na cidade herculina as farolas e algunhas vallas publicitarias mantivéronse iluminadas até a unha do mediodía. E dende logo foi un dos temas máis comentados na masiva manifestación que avanzaba polas rúas a pleno sol e baixo as farolas acesas. Pero non foi o único. Ao longo do día foron chegando denuncias de distintos puntos do Estado nos que esta práctica se repetía: San Vicente del Raspeig, Valladolid, Barcelona, Albacete, Valencia... O alcalda da Coruña, Carlos Negreira, desculpouse a través de twitter a última hora da tarde polas "molestias" ocasionadas polo alumeado diurno, pero asegurou que se debeu a "comprobacións e reparacións".
Noticia completa: http://praza.com/economia/2695/se-hai-folga-acendemos-as-farolas/
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario