jueves, 1 de noviembre de 2012

O desemprego bate récords na Eurozona, con máis de 18 millóns de persoas desempregadas

O desemprego na zona Euro disparouse o pasado mes de setembro por riba do 11%, sendo xa perto de 18.500.000 as persoas que se atopan sen traballo no que se publicita como unha das economías máis importantes do planeta.

Euroestat, a axencia estatística europea afirma 25,751.000 persoas carecían de emprego en setembro na UE, dos que 18 millóns e medio atópanse na zona euro, o que supón un aumento mensual de 169.000 desempregados no conxunto da Unión Europea e de 146.000 ena zona euro.

A crise, coa contracción da economía e as duras medidas de axustes están a producir que desde hai meses haxa un aumento constante de persoas desempregadas no continente.

O estado español (25,8% de paro) e Grecia (25,1%) son os que presentan taxas de desempego máis altas, fronte aos 4,4% de Austria ou o 5,6% dos Países Baixos e Alemania. Aliás, e en paralelo, a precarización do emprego e os recortes nas prestacións e servizos sociais están levando a unha depauperización das condicións de vida dos europeos e europeas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario