domingo, 11 de noviembre de 2012

O Concello de Ares cancelará as súas contas nos bancos que expulsen da casa aos veciños


Rebelión nun concello galego. O alcalde de Ares, Julio Iglesias, vén de anunciar este domingo que cancelará a súa conta con aquelas entidades bancarias que "decidan practicar un desafiuzamento a un veciño" deste municipio coruñés. "O Concello quere axudar, na medida das súas posibilidades, a evitar os cada vez máis frecuentes desafiuzamentos que están a practicar as entidades bancarias a familias que, pola crise económica, vense na rúa por non poder pagar a vivenda na que residen", remarcou, a través dun comunicado.

Ademais, o rexedor adiantou tamén qeu vai remitir unha carta ás entidades financeiras nas que o Consistorio ten contas para advertirlles da súa decisión e das posibles consecuencias. Ao tempo, Julio Iglesias fai un chamamento ao resto de alcaldes para que o imiten e fagan "o mesmo"  para conseguir así que os bancos "non leven a cabo estes desafiuzamentos".

Noticia completa: http://praza.com/economia/2661/o-concello-de-ares-cancelara-as-suas-contas-nos-bancos-que-expulsen-da-casa-aos-vecinos/

No hay comentarios:

Publicar un comentario