O obxectivo dos catro convenios é a "elaboración e publicación de información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da Consellería de Economía e Industria e que resulten de interese para a cidadanía, xa sexa mediante texto, monográficos ou gráficos, nun mínimo de 24 páxinas ou mancha similar".
Economía cumpre así coa práctica caciquil instaurada na era Fraga, mantida no bipartito e aplicada tamén na era Feijóo: repartir cartos públicos a dedo aos empresarios da comunicación do país. Isto, obviamente, dificulta a labor dos xornalistas deses periódicos para informar obxectivamente do traballo do Goberno Galego.
Os convenios de colaboración entre a Xunta e as empresas xornalísticas é unha forma opaca de repartir cartos públicos a dedo. A diferencia das axudas vía DOG, non hai convocatoria nin concorrencia pública. Dependen unicamente do criterio do político de turno. Ningún medio en galego resultou 'agraciado' con ningún convenio de colaboración nesta lexislatura.
As cláusulas dos convenios de Faro e dous outros tres diarios obrigan aos periódicos a elaborar informacións con datos facilitados pola Consellería. A Xunta "poderá formular en relación cos datos e informacións as observacións que considere pertinentes (...) as cales deberán terse en consideración". En ningún lugar do convenio se dita que o público ten dereito a saber que eses "monográficos ou gráficos, nun mínimo de 24 páxinas ou mancha similar" son propaganda pagada con diñeiro público e non información.
No hay comentarios:
Publicar un comentario