jueves, 1 de noviembre de 2012

BNG e Anova denuncian a violación do dereito á presunción de inocencia de Silvia Casal

BNG e Anova critican o procedemento policial levado a cabo para a detención deste muller, posta xa en liberdade sen cargos, e do seu home, por presunta vinculación con Resistencia Galega. O BNG denuncia que o Estado lle aplicou a Silvia Casal "unha lexislación de excepción, con grave violación dos seus dereitos humanos, con negación mesmo do habeas corpus".O Bloque anuncia que levará o caso ao Congreso e que pedirá explicacións ao Ministerio de Interior "pola violación dos dereitos desta persoa" e demandará que se depuren "as oportunas responsabilidades".

"Comeza a ser un hábito a aplicación dunha lexislación suspensiva das garantías individuais e dos dereitos humanos que é máis propia de Estatos totalitarios do que de Estados democráticos"

Os nacionalistas afirman que "non estamos ante un feito aillado" e que "comeza a ser un hábito a aplicación dunha lexislación suspensiva das garantías individuais e dos dereitos humanos que é máis propia de Estatos totalitarios do que de Estados democráticos". Estas prácticas, segundo o BNG, deixan "na indefensión máis absoluta a persoas que son incomunicadas durante horas –neste caso 36- sen ningún tipo de protección legal nin asistencia xurídica". E engaden que estas persoas "con demasiada frecuencia acaban sendo postas en liberdade sen cargos ou absolvidas de toda culpa".

No hay comentarios:

Publicar un comentario