viernes, 16 de noviembre de 2012

Beiras convértese no protagonista do inicio da IX Lexislatura

"Utilizando a prerrogativa que me dá esta Cámara como Presidente máis vello desta Mesa de Idade vou tomar a palabra uns momentos". Deste xeito comezou Xosé Manuel Beiras, líder de AGE e deputado máis veterano da Cámara, con 76 anos, un pequeno discurso no que insistiu na necesidade de rexenerar a vida politica.

"E non me resisto a confersarlle que tiven que conterme para non aproveitar esta ocasióne disolver esta Cámara e convocar novas eleccións", chanceou ante as gargalladas de boa parte dos deputados e convidados á constitución da IX Lexislatura. Non de todos, outros, entre eles, algúns conselleiros de Feijóo, o propio presidente en funcións, Pilar Rojo ou os líderes de PSdeG e BNG, ollaban con incredulidade a Beiras.

"Brincadeira"

"É unha brincadeira como a dun ollo de vidro de Castelao", tentou tranquilizar o líder de AGE ante os marmurios que comezaron a xurdir no hemiciclo. Pero, a pesares de ser unha "brincadeira", Beiras chanceou co feito de que el era o presidente provisional dunha Cámara que aínda non estaba constituída. "Pero que non se incomode o señor Núñez que a pesar de estar en contra da súa brigada de demolición, retiro o dito", apuntou.

O veterano político apostou por restablecer o "rol sobranceiro" que ten a Cámara galega e avogou porque nesta lexislatura se cumplan tres retos; que se practique a ética política, que os grupos parlamentarios non sexan só correas de transmisión, senón representantes dos cidadánse que a Cámara sexa unha auténtica Cámara de representantes e que non aconteza iso de "que non nos representan que berran os cidadáns", sinalaou. E fixo aluxión aos centos de manifestantes que a esa hora protestaban diante da Cámara. "Que non aconteza coma hoxe que a Policía ten que protexer á Cámara dos seus lexítimos representantes, os cidadáns", sinalou.

No hay comentarios:

Publicar un comentario