sábado, 17 de noviembre de 2012

Aznar di que Rajoy era o segundo prato


O expresidente do Goberno José María Aznar explica no primeiro volume da súa autobiografía Memorias I (Planeta), que se presentará o próximo 26 de novembro en Madrid, algunhas das súas decisións máis controvertidas durante o seu oito anos de Goberno (1996-2004). Entre elas, a designación do seu sucesor á fronte do Partido Popular.

Aínda que sinala que a elección de Mariano Rajoy como o seu sucesor foi “polo interese de España”, recoñece que barallou outros nomes como Rodrigo Rato e Mayor Oreja. De feito, Aznar dedica parte do prólogo, ao que tivo acceso a Axencia EFE, á súa relación e posterior distanciamento con Rato e así relata episodios de amizade entre ambos e como este lle pediu durante unha viaxe no nadal de 2000 que reconsiderase a súa decisión de non presentarse e despois expúxolle obxeccións concretas á súa candidatura para sucedelo.

Con todo, no verán de 2003 Rato anuncioulle que cambiara de opinión e que agora si quería ser o candidato do PP ás eleccións previstas para marzo de 2004. "'Ti dixéchesme dúas veces que non'. E el respondeu: 'Pero agora dígoche que si'. Non lle contestei nada. Só tomei nota", explica Aznar, quen engade que o día que lles anunciou que o sucesor sería Rajoy quixo ter un xesto de deferencia cara a Rato e este volveulle a dicir: "Pois agora querería".

Noticia completa: http://praza.com/politica/2731/aznar-di-que-rajoy-era-o-segundo-prato/

No hay comentarios:

Publicar un comentario