martes, 23 de octubre de 2012

"Para gañar ao PP toda a esquerda debe unirse"

É certo que o analista de enquisas Carlos Neira Cortizas tampouco acertou de todo coa súa previsión (PP 39-41 PSOE 18-21 BNG 8-11 AGE 6). Iso, este consultor acertou moito máis que a maioría das enquisas, que situaban ao PP moito máis preto da barreira dos 38.

Neira si deu de pleno cando, unha entrevista no GC, advertiu que os barómetros soen dar menos representación aos 'populares' da que logo logran os conservadores finalmente, e máis do que finalmente logra o BNG.

Para deitar algo luz sobre os resultados, sorprendentes polo menos a nivel do que prevían os barómetros, volvemos a charlar co especialista:

Na campaña vostede preveu que, malia o axustado de moitas enquisas, non se daban as condicións necesarias para un cambio de goberno.

As enqusisas non estaban tan axustadas como uns e outros, en razón dos seus intereses, preferiron divulgar.

Acertou e o PP subiu en escanos malia perder votos. Gañou o PP as eleccións ou perdeunas a oposición?

As dúas cousas que di son certas. Gañounas a dereita e perdeunas a esquerda. Non vou entrar a facer un reparto de méritos ou deméritos, ambas por igual. Para o PP non era doado planificar unha campaña e trazar un bo relato sen ningunha bagaxe real que vender. Nin a solvencia e a xestión económica e financeiras son como os pregoou, á vista dos informes do Consello de Contas, nin os precontratos para presentarse a un concurso aínda non convocado da PEMEX, nin a errada e tardía fusión de concellos son ideas que teñan.

No hay comentarios:

Publicar un comentario