Rexeitamento ao aborto e ao matrimonio entre persoas do mesmo sexo. É unha das claves esenciais dos "criterios" que os bispos galegos veñen de emitir de cara ás eleccións galegas do vindeiro 21 de outubro. Como é habitual os máximos dirixentes da Igrexa católica en Galicia fan público un escrito para "lembrar, neste momento das eleccións democráticas ao Parlamento autonómico, algúns aspectos do maxisterio da Igrexa sobre o home e a sociedade". Fano, como é de agardar, dirixińdose "aos católicos", pero tamén "á opinión pública en xeral" para expresar as que, en opinión da institución, deben ser as orientacións do voto.
Noticia completa: http://praza.com/politica/2291/os-bispos-galegos-chaman-a-votar-a-quen-rexeite-o-aborto-e-o-matrimonio-homosexual/
No hay comentarios:
Publicar un comentario