jueves, 11 de octubre de 2012

O derradeiro debate mostra a antítese entre PP e BNG

Como auga e aceite. O terceiro e derradeiro debate electoral antes do 21-O serviu para escenificar a existencia de dúas propostas ben diferentes. O cara a cara de maior contraste de entre os tres que tiveron lugar, enfrontou ao popular Alberto Núñez Feijóo e o nacionalista Francisco Joquera deixando patente o antagonismo entre o modelo de país e sociedade duns e outros.

Feijóo empregouse con maior vehemencia que nos anteriores debates contra do seu adversario, o que serviu para enfatizar máis se cadra as diferenzas. O popular optou na meirande parte do tempo por facer “oposición da oposición” cargando contra os apoios ofrecidos polo BNG ao PSOE, nomeadamente no ámbito estatal, e utilizando a candidatura de Beiras para golpear a fronte nacionalista.

Pola súa banda Jorquera desenvolveuse cun tono máis firme e centrouse en traer ao debate as problemáticas “da xente real” fuxindo do terreo enlamado das estatísticas oficiais coas que o candidato popular tentou xustificar a súa xestión. O nacionalista ofreceuse como “Presidente honesto, humilde e que non minta a xente”.

Bipartito vs “Feijoy”

Desde o primeiro minuto Núñez Feijóo despregou o que sería a súa principal liña argumental: o cuestionamento dos acordos entre PSOE e BNG. O popular encetou a súa primeira intervención no debate afirmando que había dúas opcións “ou bipartito como de 2005 e 2009 ou un goberno sólido do PP”.
Jorquera a Feijóo: “Vostede foi máis un Delegado do goberno ao ditado de Rajoy que un Presidente da Xunta”

O guión de Feijóo foi tan claro como persistente até o extremo. “As políticas do PSOE e BNG trouxeron a crise” chegou a dicir. Ante as reiteradas referencias ao PSOE Jorquera retrucou a Feijóo sinalándolle que “se o que quería era debater co PSOE desaproveitou a oportunidade o luns”. “Segue instalado na oposición ao goberno Zapatero porque non ten balance que presentar” acrecentou o nacionalista.

No hay comentarios:

Publicar un comentario