viernes, 19 de octubre de 2012

Máis de 200 poetas, xornalistas, escritores e académicos apoian a AGE


Un total de 217 integrantes de diversos sectores da cultura galega fixeron público este xoves un manifesto de apoio a Alternativa Galega de Esquerda (AGE), entre os que se atopan Manuel Rivas, Xosé Luis Méndez Ferrín, Darío Xohán Cabana ou Xosé Luís Franco Grande.

"Nin cultura sen pobo, nin pobo sen cultura" é o lema deste manifesto que aposta por este "proxecto de transformación". "Hai que paralos porque somos dos de abaixo. Non representamos a ninguén, sentímonos parte activa deste pobo e por iso participamos neste movemento de creba democrática e de superación do actual réxime e do actual sistema", recolle o escrito, que acusa ao PP de tratar de desestructurar a capacidade de expresión cultural de Galicia mentres "aumenta a hipoteca do Gaiás.

Os asinantes suliñan que Alternativa Galega de Esquerda é capaz de unir nun mesmo proxecto "de intervención política, de emancipación nacional e social", dúas tradicións "tan insignes" coma as que representan hoxe Anova e EU, coas achegas de Equo e Espazo Ecogaleguista. "A unidade popular dos agredidos e das agredidas é hoxe e aquí un dos nosos valores principais: hai que paralos!", apuntan.

Noticia completa: http://galiciaconfidencial.com/nova/11916.html?utm_source=dlvr.it&utm_medium=twitter

No hay comentarios:

Publicar un comentario