A maioría dos militantes de Anova non se opoñen a esta proposta pero lamentan que o líder da UPG fixera este ofrecemento logo de que o BNG quedara como cuarta forza política no Parlamento galego. "Houbo tempo, antes das eleccións, de reconducir a situación do nacionalismo e non houbo vontade por parte deste partido que controla ao BNG", sinala esta fonte.
E é que o sorpaso de AGE ao BNG e o éxito de Beiras nos comicios teñen mudado o campo nacionalista. Desde Anova apuntan que as eleccións crearon un novo escenario no que hai dúas forzas no Parlamento: AGE e o BNG, con plantexamentos nacionalistas, e outras, como CxG, ou menores, como o PT, que xogan no mesmo terreo de xogo. "Ovbiamente que temos que volver a falar todos pero agora hai que dar tempo a que a nova situación política se asente", sinala.
Coalición duradeira
Polo momento, Anova insiste en que a coalición con EU, Ecogal e Equo vai ser duradeira no tempo, "polo menos durante toda a lexislatura". Este grupo traballará unido na Cámara galega, aínda que, "está aberto" o escenario ante novas citas electorais. "Nós temos este acordo para as eleccións galegas. Logo xa se verá", insisten estas fontes que deixan a porta aberta para sumar máis forzas nacionalistas no futuro e aumentar esa Syriza galega.
En Anova están convencidos de que o papel que ten que xogar agora esta formación no futuro do nacionalismo é fundamental, porque "así o quixeron os galegos". Por iso, non rexeitan a idea de abrir foros de diálogo e de encontro con outras forzas nacionalistas pero "con regras de xogo que non sexan marcadas polo BNG ou pola UPG".
No hay comentarios:
Publicar un comentario