miércoles, 3 de octubre de 2012

A Xunta promove o galego para os negocios cos paises lusófonos

A campaña “O galego, chave para os teus negocios”, posta en marcha pola Federación Galega de Parques Empresariais (FEGAPE) en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, promove a utilización do galego como lingua dos negocios tanto dentro coma fóra de Galicia. Alén das vantaxes evidentes de utilizar o galego nos negocios desenvolvidos na nosa comunidade autónoma, salientados noutras campañas apoiadas pola Xunta de Galicia, como ”Deixa que o viño fale” ou “Consumo Gustos”, a campaña “O galego, chave para os teus negocios no mundo” subliña e potencia as funcións do galego como lingua internacional e vía de comunicación para a internacionalización nos negocios.

Noticia completa: http://www.xunta.es/linguagalega/galego_chave_negocios

No hay comentarios:

Publicar un comentario